Mais de sesenta membros das tres universidades

Nós

A Rede Galega de Biomateriais (RGB) constituíuse no marco do Programa de consolidación de unidades de investigación competitivas do sistema universitario de Galicia, promovido pola Xunta de Galicia.

Forman parte dela seis grupos de investigación das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña. Estes grupos están vinculados aos tres Institutos de Investigación Biomédica de Galicia e manteñen unha estreita relación cos principais complexos universitarios hospitalarios. Deste xeito, cóbrese a demanda actual de fomentar a relación entre os grupos de investigación e os centros sanitarios, que son en primeira instancia os que mellor coñecen as necesidades de atención dos/das pacientes.

Os grupos que integran a Rede Galega de Biomateriais teñen acreditada unha actividade investigadora de alto nivel, con experiencia no desenvolvemento, innovación e transferencia de tecnoloxía no eido dos biomateriais. O rápido avance desta disciplina esixe actualmente un enfoque interdisciplinario para lograr ser competitivos, unha condición que a comunidade científica deste campo en Galicia cumpre grazas á constitución desta rede, na cal se integran grupos de dous tipos:

Grupos do ámbito científico-tecnolóxico

Que son especialistas na fabricación de biomateriais e nanotecnoloxías con aplicacións biomédicas

Grupos do ámbito das ciencias da saúde

Que son expertos en técnicas in vitro para avaliación biolóxica de biomateriais, ensaios in vitro en modelo animal, terapias celulares e ensaios clínicos.

Ver Grupos da Rede
gal-img-RRHH